V XORNADA GALEGA DE
TRABALLO SOCIAL E SAÚDE

POR UNA ATENCIÓN SANITARIA ORIENTADA Á EQUIDADE

PRESENTACIÓN

Esta V edición representa unha nova oportunidade para reflexionar e debater sobre os retos e avances da nosa práctica profesional. 

Baixo o lema "Unha asistencia baseada na equidade" afondaremos na aportación do Traballo Social Sanitario na abordaxe das desigualdades en saúde, poñendo o foco no papel que desempeñamos en equipos que acompañan, humanizan, asesoran e garanten o acceso efectivo a dereitos. Sen esquecer o noso compromiso ético, que fai ineludible o debate sobre a autonomía e a participación nos procesos de toma de decisións.

OBXECTIVOS

  • Reflexionar sobre o papel do Traballo Social Sanitario na atención integral.
  • Visibilizar as boas prácticas profesionais.
  • Xerar coñecemento aplicado.

¿CÓMO INSCRIBIRSE?

A inscrición será a través deste formulario
Inscricións

PRAZO: ata o 30/09/2026

MATRÍCULA:
20€ Persoas colexiadas
50 € Persoas non colexiadas
10€ Colexiadas e socias/os de AETYS
5€ Estudantado

**Incluída a comida

¿QUÉN PODE ACUDIR?

Dirixido  a profesionais do Traballo Social  preferentemente do eido da saúde.

¿ONDE ENVIAR COMUNICACIÓNS?

As comunicacións serán a través deste formulario
Comunicacións

PRAZO: ata o 10/09/2026